Idade Contemporánea
CONTEXTUALIZACIÓN:
A
Idade Contemporánea comezou no ano 1789 (Revolución Francesa) e aínda
segue na actualidade.
PRINCIPAIS CAMBIOS:
·
Establécese que todos somos iguais
ante a lei.
·
Elimínanse os privilexios da nobleza
e do clero.
·
Elabórase a Declaración dos Dereitos do Home e o
Cidadán.
·
Acábase co absolutismo dos reis.
·
Establécese a democracia.
·
Ten lugar a Revolución Industrial ao usarse a máquina de
vapor no traballo e nos transportes.
·
Pásase da sociedade agraria e rural a unha sociedade máis urbana.
·
Ten lugar a abolición da escravitude.
PRINCIPAIS ACONTECEMENTOS:
·
Declaración de Independencia dos EE.UU: 1776.
·
Revolución Francesa: 1789.
·
Revolución Industrial: 2ª metade do s. XVIII.
·
I Guerra Mundial: 1914 - 1918.
·
Crise de 1929.
·
Guerra Civil Española: 1936 - 1939.
·
II Guerra Mundial: 1939 - 1945.
·
A Guerra Fría: II metade do s. XX.
·
Chegada do home á lúa: 1969.
·
11 - M: 2004.
IDADE CONTEMPORÁNEA EN ESPAÑA:
Século XIX:
A industrialización retrasouse en España e
a maioría continuou traballando na agricultura.
Moitos xoves tiveron que emigrar a América. Houbo continuos enfrentamentos
entre os conservadores e os progresistas (que estaban a favor dos cambios
vividos noutros lugares).
Dende o a no 1808 ata 1814 sucedeuse a Guerra da Independencia. As tropas de Napoleón ocuparon España coa excusa de invadir Portugal e nomeou rei de España a seu irmán José Bonaparte. Carlos IV e o seu fillo Fernando VII renunciaron ao trono. O 2 de maio de 1808 produciuse en Madrid un levantamento popular que se extendeu por toda España. Isto, unido ao apoio británico, concluiu coa derrota das tropas francesas en 1814 e o regreso de Fernando VII.
O 19 de marzo de 1812 aprobouse en Cádiz a 1ª Constitución Española, coñecida como La Pepa, na que se establecía a división de poderes e a fin do absolutismo. Fernando VII aboliuna ao voltar, provocando numerosos enfrentamentos entre os absolutistas e os liberais.
Os absolutistas querían que a coroa fora para Carlos, irmán do rei, e por iso se coñecen estas guerras como carlistas. Os liberais querían que fora para a filla de Fernanbdo VII, a princesa Isabel (que tiña tres anos) e por iso a estes se lles coñece como isabelinos. Gañaron os liberais e Isabel II mantívose no trono ata 1868.
En 1868, tras unha revolución, ocupou o trono Amadeo I. A nova Constitución de 1869 estableceu unha monarquía parlamentaria: había un rei, pero non gobernaba. En 1873 proclamouse a I República, que durou so un ano. En 1876 Alfonso XII, fillo de Isabel II, ocupou o trono.
Século XX

O século comeza co reinado de Alfonso XIII.
En 1923, o Xeneral Primo de Rivera fíxose co poder establecendo
unha dictadura ata
1930. En 1931 estableceuse a II República.
En 1936 comezou a Guerra Civil que concluiría en 1939 coa derrota da República. Comeza ese ano a dictadura de Franco, que duraría ata 1975.
Desde 1975 ata 1978 tivo lugar a Transición. Juan Carlos I foi nomeado rei de España e Adolfo Suárez ocupou a presidencia. En 1977 celebráronse as primeiras eleccións democráticas dende a II República e foi elixido Adolfo Suárez.
O 6 de decembro de 1978 aprobouse por referéndum a Constitución Española actual.

No hay comentarios:
Publicar un comentario